EPONA TERRA é un proxecto comunitario nacido en Vigo, que persigue dar auxe aos nosos recursos e deixar de depender do modelo de consumo actual, poñendo en marcha a participación cidadá mediante a implantación dun sistema de soberanía alimentaria e circular basada no intercambio de tempo, saberes, habilidades, alimentos, etc.
Buscamos unha forma de relacionarnos, entre persoas e co planeta, máis natural e satisfactoria, que nos faga libres e nos permita disfrutar dunha vida plena, onde cada persoa poida aportar as súas habilidades e o seu tempo para un beneficio común.