Comezando a camiñar

O Xantar de Epona empeza a súa andaina, confiamos que vos guste e que podamos gozar xuntos dos marabillosos sabores e cheiros da cociña con ingredientes de luxo.

Non imos empezar cunha receita, mais ben imos abrir boca pedindo axuda.

Como ben sabedes en Epona Terra fomentamos a economia circular e sostible. Cultivamos os nosos alimentos e defendemos a carne e peixe de orixe ecologico e respectuoso.

As persoas que forman parte de Epona e as que se suman gozan moito falando de como cociñar e saborear eses alimentos.

Algúns buscan receitas veganas ou vegetarianas, outros tradicionais, outros con ingredientes silvestres e hainos que buscan receitas faciles rapidas e sinxelas para iniciarse como chefs.

Decidimos lanzar un blogue de receitas e gustaríanos que calquera puidese achegar a súa forma de cociñar o que a terra nos dá.

Podedes enviarnos fotos, texto, vídeo, etc. en definitiva, o que mais vos guste.

Para facernos chegar estas receitas poñemos á vosa disposición distintos medios e prometemos ler todas elas para ir publicándoas.

Trataremos de facelo o mellor posible pero, como sempre aceptamos calquera apoio ou suxerencia.

Escríbenos un correo electrónico

Escríbenos en facebook

Usa o seguinte formulario