Tomates recheos de frescor

Tomates de tempada recheos, todo sabor e frescura

Coa axuda da nosa cociñeira probamos unha receita nova, fácil e saborosa.
É unha idea moi fresca, e fantástica para esta tempada de verán, brasas e grelladas.
Adáptase perfectamente a calquera recheo, elixindo e aproveitando calquera ingrediente que teñamos no noso horto ou na neveira.
A albáfega dálle o toque final para que sexa un prato de 10.

Ingredientes para 4 persoas

  • 4 tomates grandes
  • 1/2 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1/2 cabaciña
  • 20 g de pemento verde e vermello
  • 1 cenoria
  • 5 ou 6 follas de albáfega
  • 1 folla de loureiro
  • pementa, sal e aceite de oliva

Paso a paso

  1. Poñer aceite de oliva nunha tixola.
  2. Cortar a verdura fina.
  3. Cortar a tapa aos tomates, baleirar a carne e reservar por separado.
  4. Saltear a cebola e o allo.
  5. Incorporar o pemento, a cenoria e a cabaciña.
  6. Saltear todo xunto co loureiro, o sal e pementa ao gusto.
  7. Incorporar á tixola a carne do tomate e pochar todo xunto uns 5 minutos.
  8. Encher os tomates e poñer á brasa uns 10 minutos, ata que estean tenros e dourados.

Ao terminar poderemos gozar de algo tan delicioso como podeis ver na foto.

A min sorprendeume moi gratamente esta receita, sempre fun un pouco remisa a comer así o tomate e, a verdade, encantoume.