Tortilla da horta

Deliciosa e orixinal tortilla de verdolaga.

Imos aproveitar que temos un pequeno excedente desta planta silvestre na horta para presentarvos unha receita moi orixinal. Tortilla de verdolaga.
A verdolaga é unha planta silvestre, considérase unha mala herba con todo non só é comestible senón que ten moi boas propiedades para enriquecer os nosos pratos.
Por exemplo:
  • contén omega-3 que favorece o sistema cardiovascula
  • ten propiedades anti- inflamatorias, diuréticas, antisépticas e antioxidantes
  • non se recomenda o uso abusivo durante a lactación

Ingredientes para 4-6 persoas

  • Aproximadamente uns 150 gramos de verdolaga
  • 2 ovos de galiñas felices
  • 1 dente de allo
  • 1 ramiña de perexil
  • sal e aceite de oliva

Paso a paso

  1. Quitamos os talos á verdolaga.
  2. Saltear as follas da verdolaga co allo nunha texola.
  3. Bater os ovos e incorporar o perexil  picado, sal e a verdolaga pochada.
  4. Botar un pouco de aceite na tixola e incorporar a mestura.
  5. Cociñar a lume baixo por cada lado e listo.

E o final quédavos esta tortilla, ideal e silvestre.

Descubrí fai pouco a verdolaga e pareceume unha planta moi boa, ten unha textura como as espinacas.